martes, 27 de febreiro de 2018
Marcapáxinas de Rosalia de Castro
O día de Rosalía de Castro celebrámolo todos xuntos na biblioteca facendo uns marcapáxinas moi bonitos que levaban o poema "Adios ríos adios fontes"
Radio Televisión Leo León
Segundo programa de Radio Televisión Leo León, 26-2-2018. from Radio Televisión Leo León on Vimeo.
Segundo programa de Radio Televisión Leo León. Proxecto anual do Equipo de Biblioteca e de Dinamización Lingüística do colexio público Feliciano Barrera (Guláns, Ponteareas).
As gravacións corren a cargo do alumnado e, paseniñamente, están a idear, planificar, estruturar, gravar e editar todo o proceso de cada programa ao longo do curso 2017-2018.
martes, 13 de febreiro de 2018
xoves, 8 de febreiro de 2018
mércores, 7 de febreiro de 2018
Mandadiño mércores
E hoxe mércores...
como en Guláns hai moi boa música
de músico terás que vir
cunha gaita ou trompeta
martes, 6 de febreiro de 2018
luns, 5 de febreiro de 2018
Mandadiño luns
E hoxe viñemos todos disfrazados de deportistas.
Aquí tedes algunhas fotos para que miredes que ben o pasamos!
domingo, 4 de febreiro de 2018
Mandadiños do Entroido!
Máis unha vez chega a festa a Guláns: o noso tradicional Entroido xa está en marcha.
Este ano, máis moderno que nunca.Os Mandadiños chegan a través de boletíns radiofónicos e polas ondas da internete.
O primeiro, o Mandadiño do luns, pódelo escuitar aquí:
Este ano, máis moderno que nunca.Os Mandadiños chegan a través de boletíns radiofónicos e polas ondas da internete.
O primeiro, o Mandadiño do luns, pódelo escuitar aquí:
sábado, 3 de febreiro de 2018
30 de Xaneiro: Día Escolar da non Violencia e da Paz
Como xa vos adiantamos fai uns días celebramos o día Escolar da non Violencia e da Paz con varias actividades moi bonitas e cargadas de emocións, e contando coa participacion de todos o alumnos e profesores do centro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)