mércores, 8 de novembro de 2017

"Un avó especial"

Hoxe os alumnos de 2º, 3º e 4º fomos ao Auditorio de  Ponteareas e disfrutamos da obra "Un avó especial" do grupo Migallas. Esta obra mostraba a relación tan especial que hai entre una neta e o seu avó. O mesmo que acontece en moitos fogares. Na vida real os avós convértense nunha figura moi importante no desenvolvemento emocional e psicolóxico dos nenos.
Os nenos disfrutaron moito e algúns emocionáronse nalgúns momentos da obra.
Esta obra está baseada nun conto do mesmo título que os autores nos regalaron ao rematar a función.



Ningún comentario:

Publicar un comentario