martes, 29 de marzo de 2016

XORNAL DAS MULLERES DO CONDADO






Xa está listo o XORNAL DAS MULLERES DO CONDADO coas noticias que todos vós fixestes.
Engadímolo á caixa de LIBROS FEITOS POR NÓS.
Noraboa polo voso traballo.

sábado, 19 de marzo de 2016

Easter

Durante esta semana estivemos aprendendo moitas cousas sobre a celebración de Easter nos Estados Unidos grazas a nosa auxiliar de conversación, Jackie. 
Tamén xogamos a un típico xogo: egg hunt. 

Que ben o pasamos!!!

video

HAPPY EASTER!!


xoves, 17 de marzo de 2016

O noso libro dos dinosaurios

E xa temos un novo libro na biblioteca sobre os dinosaurios. 

Despois da excursión do día 4 de marzo, debuxamos ao noso dinosaurio favorito e fixemos un libro con todos os debuxos do cole. Xa o podedes ver na biblioteca!!


martes, 15 de marzo de 2016

Exposición ' Evolución humana, idade de xeo e dinosaurios'

O venres día 4 de marzo fomos ao IFEVI a ver unha exposición sobre a evolución humana, idade de xeo e dinosaurios. Mirade que ben o pasamos!!



video



venres, 11 de marzo de 2016

Semana da prensa

E así de bonito quedou o noso mural de BOAS NOVAS feito por todol@s alumn@s do CEIP FELICIANO BARRERA. Cantas boas noticias!!


mércores, 9 de marzo de 2016

SEMANA DA PRENSA

Ao longo desta semana ide recortando as BOAS NOVAS dos xornais e o xoves completaremos entre todos o noso noticieiro!


venres, 4 de marzo de 2016

Caixa de libros feitos por nós

E a partir desta semana xa podedes disfrutar dos libros que fixemos entre todos. 
Cada semana estarán nunha clase diferente para que poidades lelos durante a hora de lectura.

Felices lecturas!!!




mércores, 2 de marzo de 2016

OS LEOLECTORES

Xa comezamos coas reunións do club de lectura.
Os Leolectores estamos xa enfrascados na lectura dun clásico: MATILDA