Bos días a todos e todas:
Son Leo León, a mascota da vosa Biblioteca.
Quérovos comunicar que hoxe e maña día 14 e 15 de Outubro, inauguraremos a nosa Biblioteca.
Estades todos convidados a entrar no fascinante mundo dos libros. Tamén temos xogos, quebracabezas, vídeos, xogos interactivos, libros de consulta...
Un mundo máxico, que nos levará a onde nos queiramos.
Contamos este ano coa inestimable axuda dos alumnos /as de sexto.