mércores, 30 de abril de 2014

Exposición de Reino Unido dos alumnos e alumnas de 3º.

8 meses, 8 países.....
REINO UNIDO
Aquí podedes ver a exposición que fixeron as nenas e os nenos de 3º sobre este país tan fermoso...


video




A VISITA DE SUSANA LAMELA

O Día do Libro, tivemos unha visita moi especial. Veu a escritora Susana Lamela ao cole. Susana falounos dos seus libros "Soños de andel" e "Andeis baleiros". Os nenos do cole lemos estos libros e gustounos moito esta visita. Aquí tendes unhas fotos para o recordo...


video

DÍA DO LIBRO

Queredes ver como festexamos o día do libro no noso cole? pois aquí tedes as fotos da árbore que fixemos entre todos e na que contestamos á pregunta " e ti para que les?". 
Queda tamén para o recordo o mural do conto que inventamos entre todos. Que bonito quedou! 
E por último, as fotos de cando os maiores leron aos máis pequenos. PARABÉNS A TODOS E TODAS! 





video

martes, 8 de abril de 2014

xoves, 3 de abril de 2014

Plantamos árbores

Que aventura vivimos o venres pasado plantando árbores! Foi unha experiencia para non esquecer! Acompañáronnos os nenos e profes do cole de Oliveira. Fixemos amigos e compartimos un bo día!
 Aquí queda o recordo. Disfrutade moito!
Queremos dar as grazas á comunidade de Montes San Xulián de Guláns.




video