xoves, 31 de xaneiro de 2013

A esta académica coñecémola nós!



A mediados de xaneiro coñeciamos a boa nova: Fina Casalderrey é a primeira autora de literatura infantil e xuvenil que terá un lugar na Real Academia Galega.

Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e que ademais é mestra.

Moitos de vós xa lestes unha ou varias obras súas e, se cadra, agora é o momento de animarse con outra.

Aquí vos queda un enlace á súa páxina oficial por se queredes saber algo máis sobre ela ou as súas obras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario